lunes, 22 de agosto de 2011

¿QUE É UNHA ANDROLLA?


Androllas artesanais

Unha androlla é un embutido cárnico derivado do porco que se elabora e consume principalmente na Provincia de León e en Galicia provincias de Ourense e Lugo (nos municipios de Viana do Bolo e Navia de Suarna son pratos típicos coa súa festa gastronómica).

A androlla está feita con costela, coiros  e todo iso adobado con pemento (picante e doce), sal e allo. Logo embútese nunha tripa grosa e sométese a curación e afumado.

A androlla consúmese cocida e, xeralmente, acompañada de cachos (patacas cocidas cortadas) e zimos ou nabizas.

NAVIA DE SUARNA


Navia de Suarna é un municipio español situado na provincia de Lugo, na Comunidade Autónoma de Galicia, con capital na localidade de Proba de Navia. Está situado na área montañosa da Galicia oriental, na zona setentrional da bisbarra dos Ancares Lucenses. É un municipio fronteirizo ao limitar o norte co Principado de Asturias e o leste coa Provincia de León. O municipio e a vila son atravesados polo Río Navia, o punto máis alto é o Porto de Ancares (1680 m.)